Usted está aquí
As Vidas de infancia e un soneto de Quevedo
Francisco de Quevedo (1580-1645) fíxolle con este marabilloso soneto unha das máis fermosas homenaxes á lectura e á invención da imprenta, que favoreceu que a cultura lle puidese chegar ao pobo. Hoxe, Día Internacional do Libro, cómpre lembralo:
Retirado en la paz de estos desiertos,
con pocos, pero doctos libros juntos,
vivo en conversación con los difuntos
y escucho con mis ojos a los muertos.
Si no siempre entendidos, siempre abiertos,
o enmiendan, o fecundan mis asuntos;
y en músicos callados contrapuntos
al sueño de la vida hablan despiertos.
Las grandes almas que la muerte ausenta,
de injurias de los años, vengadora,
libra, ¡oh gran don Iosef!, docta la emprenta.
En fuga irrevocable huye la hora;
pero aquélla el mejor cálculo cuenta
que en la lección y estudios nos mejora.
Eu, e penso que tamén moitos eumeses, se tivese que facer, como Quevedo, este retiro, con poucos pero doutos libros xuntos, para vivir en conversación cos defuntos e escoitar cos meus ollos os mortos, sen dúbida levaría entre eles os tres da bendita triloxía Vidas de infancia, ese marabilloso agasallo que nos deixou Ramiro Fonte aos que amamos a Pontedeume, a Galicia e a nosa lingua.
Ramiro Fonte: Os meus ollos, Xerais, Vigo, 2003.
Ramiro Fonte: Os ollos da ponte, Xerais, Vigo, 2004.
Ramiro Fonte: As pontes no ceo, Xerais, Vigo, 2007.
Se alguén quere saber como eran o Pontedeume e os eumeses daqueles anos sesenta e setenta non pode deixar de ler estes libros, pero tamén para descubrir calquera vila mariñá galega e os seus habitantes e mesmo diría que do mundo. Como o propio Ramiro Fonte lle contara ao xornalista Daniel Salgado, "ao facer falar a unha persoa con nomes e apelidos méteste nun territorio diferente, onde está en xogo a túa vida e a dos teus semellantes, a vida de certos tipos que acaban por conformar a vida dunha vila que devén representativa das vilas galegas e tamén dunha vila universal. Porque, en Vidas de infancia, descubrín que para ser universal hai que volver ao local: as grandes obras literarias son profundamente localistas” (Daniel Salgado: "Luces: Ramiro Fonte / Escritor", en El País. Galicia, sete de decembro de 2007, p. 10).
Añadir nuevo comentario