Usted está aquí
Soneto de Cabanillas a Rosalía de Castro. A primeira dos 'santos da nosa terra' á que lle rendeu homenaxe en "Da terra asoballada".
Santos da nosa terra
(Zapatillas pintadas por Sandra Sarmiento Viña)
A Rosalía de Castro
Dúas nais me bican e me dan arrolo.
Unha, a do tempo neno, a pomba aquela
que me acochou, mimosa, no seu colo
co xeito homilde da virtú sinxela.
(Maternidade de Víctor G. Garabana)
Afundido no dor, frebente, tolo,
chamaba a morte a berros ó perdela,
cando ó ler os teus libros, ¡ou consolo!
xurdiches ti: ¡contigo tornou ela!
(Acrílico sobre táboa de Sandra Sarmiento)
Dende entón, si ferido dos penares
que ensangrentan a vida con que loito
pouso a ialma nas Follas i os Cantares.
¡Rosalía, ña nai, miña santiña!
¡mentras a rula milagreira escoito,
sinto unha doce man que me acariña!
Ramón Cabanillas: "A Rosalía de Castro", en Da terra asoballada, primeira edición Vilagarcía de Arousa, 1917, citado pola edición de Xerais e La Voz de Galicia, A Coruña, 2001, p. 19.
Añadir nuevo comentario