Usted está aquí
Solpor no esteiro do Eume e lembranza de Ramiro Fonte
14/02/2015 - 20:01
E se pensas en min, volve a chamarme,
concértame unha cita coa lembranza,
nun café solitario, a ser posible
preto da beiramar;
nesas horas que o tempo sabe mover despacio,
creando a ilusión do que perdura.
Que sexa no solpor, mentres a luz
de vagar vai mudando nos xardíns e no porto
noutra luz receosa.
E beberemos polas primeiras causas
que deixamos atrás, lonxano amigo,
como se deixan rosas ou sentencias ou versos.
[...]
Ferímonos, se cadra, coa fáxil mocidade;
coma un cristal de choiva buscou as nosas veas,
pero foi en proveito e obtivemos a flor.
[...]
Agardareite alí, nas mesmas noites,
serenamente só; un aquel pensativo
para vela cruzar sen que nos roube
nada.
Ramiro Fonte: "Os ceos paralelos", en Adeus Norte, Ferrol, 1991.
Añadir nuevo comentario