Usted está aquí
Ramiro Fonte e as camelias do Xardin de Pontedeume
Lola Fornos Ríos-Garabana, por cuxas veas corre sangue de artistas e ben que se nota, captou, dacabalo entre o inverno e a primavera, coa súa cámara, unhas marabillosas camelias no Xardín de Pontedeume, que os de fóra chaman Parque e tantos secretos, lembranzas e misterios eumeses agocha nas súas entrañas. As fotos trouxeron á miña memoria este fermoso poema de Ramiro Fonte:
Flores do inverno, puras
como as camelias brancas, existentes
porque a luz da mañá non as desfolla,
e viven tremedoiras, inútiles no aire;
flores de inverno sen destinatario,
estragadas coma camelias murchas
entre os papeis do chan, cunha color
que puido ser vermella e non ten nome;
abonda unha raiola de sol para que abrollen.
Non fai falla sequera
a metade das horas que se apagan na noite
para vencer dun xeito irrevogable
a leve fermosura,
a secreta verdade,
un destino de sombras.
Para ser coma ela
non debe perdurar máis que un instante.
Ramiro Fonte: “Flores de inverno”, en Capitán Inverno, Vigo, 1999, p. 26 e 27.
Añadir nuevo comentario