Usted está aquí

As Piedades de dous cruceiros de Santiago e Pontedeume. Unha fermosa reflexión e un debuxo de Castelao

JoseFS

Curioso e xacobeo cruceiro de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, coa insólita imaxe da Piedade vestida de Peregrina con Xesús Cristo, máis pequeno ca ela, morto no seu colo.

Dicía Castelao que "os nosos canteiros, deixándose levar pol-o sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai. Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos somos sempre pequenos no colo das nosas nais" (Castelao: As cruces de pedra na Galiza, Vigo, 1984, p. 164).

Tamén en Pontedeume temos unha Piedade moi xacobea na praciña das Angustias, en pleno Camiño Inglés a Santiago de Compostela, na que aparece co seu fillo no colo e sustentada pola imaxe de Santiago en maxestade, o Noso, como foi chamado por Castelao, sedente no trono celeste logrado por mor do seu martirio, co bordón en forma de tau na man, que simboliza a cruz redentora, e o pergameo cos Evanxeos que predicou na nosa terra e que mostran o camiño da salvación.

Debuxo de Castelao, publicado na primeira páxina do diario Galicia de Vigo, o vinte e cinco de xullo de 1923.

Añadir nuevo comentario