Usted está aquí

Os carballos das Fragas do Eume e o soneto de Cabanillas

JoseFS

O sol e a calor destas deliciosas xornadas de primavera e a chuvia miúda e abondosa caída neste ano axudaron a vestir de verde os espléndidos carballos e outros caducifolios das Fragas do Eume, espidos no inverno cru.

Tamén preto da miña casa en Santiago vexo acotío un carballo, hoxe cinguido de verdor, que me lembra as ancestrais árbores das terras do Eume, sempre tan preto de min porque as levo no corazón e ás veces tan lonxe porque vou pola vila menos do que debera e me gustaría, e o marabilloso soneto de Ramón Cabanillas, alcumado con xustiza o Poeta da Raza, titulado “O carballo”.

 

Cando soio, ó verán, vou paseniño

cara ó fogar, de volta do traballo,

sempre detén meus ollos un carballo

ergueito nun mallón, sobre o camiño.

 

Lanzal o tronco, as ponlas alongadas,

o follaxe en dosel, forte, senlleiro,

ten a medosa traza dun guerreiro

vixiante de castros e valgadas.

 

Ó chegar ó pé del na atardecida,

da lexendaria edade saudoso,

quixérao ver cadeira frorecida

 

dun rei celta, barbudo, fazañoso,

ou soleada, verdecente ermida

dun santiño aldeán e milagroso.

 

Ramón Cabanillas: “O carballo”, en Da terra asoballada, 1926, citado pola edición de Xerais e La Voz de Galicia, A Coruña, 2001, p. 68.  

Comentarios

Veciño, este poema de Cabanillas me emociona especialmente po lo amor que as árbores despertan en min sempre.Po lo que comentas,vexo que sentes igual,pois esa visión do teu carballo,dese que a cotío ves,asi o indica.Cánta xentiña pasará preto a él e nin verá que xa luce o seu verdor.Nós tivemos a sorte de vivir nun lugar onde as árbores sempre nos fixeron unha agarimosa,e fermosisima,compaña.E como unha bendición que hai que valorar e agradecer,como aqui se pode apreciar, po lo que comentastan ben, e por ese poema de Cabanillas que me emocionóu.Sempre mil grazas a ti que compartes beleza,intelixencia,cousas interesantes.

Imagen de JoseFS

Eu vivo hoxe rodeado de árbores, veciña. Detrás da miña casa hai un piñeiral, por un dos lados está o Pico Sacro, desde a fachada vexo unha carballeira e polo outro lado un parque cunha gran variedade de especies. Ademais, na miña urbanización, limítrofe entre os concellos de Santiago e Teo, chamada Os Tilos, todas as rúas teñen nomes de árbores; a miña é a do Carballo.

Añadir nuevo comentario