Usted está aquí

Obituario de Ramiro Fonte realizado por Garcia Posada. Cantou por todos e para todos

JoseFS

Hoxe, once de outubro, once anos despois do pasamento do noso bardo Ramiro Fonte, convidamos a todos os eumeses a levarlle unha rosa amarela, que, co talo e as follas verdes, ten as cores da bandeira de Pontedeume, á súa sepultura e rescatamos e traducimos á lingua que o noso paisano poñía nos beizos e gardaba no corazón o fermoso obituario que o seu amigo, poeta e crítico literario, Miguel García-Posada, publicou o doce de outubro de 2008 no xornal ABC.

Como agoiraran os fados escuros, a vida aínda nova —cincuenta años— de Ramiro Fonte, o meu amigo, o noso amigo Ramiro Fonte, pois eramos moitos os que o amabamos e admirabamos, foi finalmente segada pola todopoderosa e impía morte. Xa nunca máis sentiremos aquela envolvente mirada súa, xa nunca máis oiremos a súa cálida voz fraternal de entusiasta da poesía.

En certa ocasión comenteille que me gustaran moito algúns recentes poemas seus. —¿A que son bos?— replicoume sen ningunha intención fraudulenta, movido só pola fe do poeta. Ramiro foino. Coa súa desaparición Galicia e a lingua galega perden o máis universal dos seus poetas.

O auténtico poeta: canta por todos e para todos, sen deixar de cantar os seus problemas persoais. Poderá dicírseme que todos os poetas xenuínos teñen que ser así, é ben posible, pero tampouco non deixa de selo que no caso de Ramiro existe unha tensión moi acusada entre o persoal e o colectivo, unha tensión dialéctica e expresa, que o poeta resolve deixándose diluír no epos malia que sen hipotecar o seu eu ás realidades suprapersoais...

Neste sentido, a súa é unha poesía que ben pode chamarse colectiva.

Unha voz esta, a de Ramiro, que fora en máis dunha ocasión memorable, leal á memoria de seu pobo e da súa xente; estou pensando nun poema como Días negros, sobre a folga naval de Ferrol, nos anos setenta, onde está expresada con radicalismo e fondura sen par a traxedia daqueles días de loito:

E nós, os escolares,

espreitabamos mudos

tralos cristais de bafo.

Miguel García-Posada: “Ramiro Fonte, poeta. Cantou por todos e para todos”, en ABC, Madrid, doce de outubro de 2008, p. 56.

 

 

 

Añadir nuevo comentario