Usted está aquí

O cantar do Eume que escoitou na fraga o Padre Placer

JoseFS

Montañas de Soaserra,

pel d'unha besta salvaxe,

douradas coa frol do toxo.

Pol-lo río abaixo vai

a canción do Eume.

(Foto de Ángel Cendón)

Soan po-lo ar os salmos

dos monxes de Caaveiro.

Os pinares tamén choran.

Po-lo río abaixo vai

a canción do Eume.

No fondo das augas verdes

hai unha caixa de morto,

d'unha frol que se afogou.

Po-lo río abaixo vai

a canción do Eume.

As carqueixas retorcidas,

como angustias do dolor,

son os festós da ribeira.

Po-lo río abaixo vai

a canción do Eume.

Gumersindo Placer: "Eume", en Algas (Versos gallegos), primeira edición Madrid, 1959, citado pola reedición feita en Pontedeume, 1994, p. 43; as dúas acuarelas son de Ramón Irago Silva, p. 42 e 66.

Eu téñolle un cariño moi especial a esta edición, ilustrada con acuarelas de Ramón Irago Silva, porque o meu sogro e sobriño do Padre Placer foi o que fixo o epílogo. Hoxe, tío e sobriño descansan xa para sempre mirando a nosa ría e escoitando "a canción do Eume" no seu encontro coas augas salgadas.

Añadir nuevo comentario