Usted está aquí

O adeus de Ramiro Fonte. Un poema con fondo sabor mariñán

JoseFS

Despedídevos dos barcos nocturnos

pois eles saben

aquel tempo supremo dos adeuses;

os sinais das estrelas que agardaban

un corazón de home que puidese

descifrar o seu cántico no ceo.

[Fotos de Carmen Rodríguez Pena]

Sen dolor, despedídevos

deses barcos nocturnos que procuran

o gume do mencer, unha ribeira escura

na que ancorar a vida como un rumbo imposible.

[Fotos de Ángel Cendón]

Porque teceron

na misteriosa urdime das tormentas

un ousado ronsel,

e gobernaron ventos inimigos,

e viron emerxer a Cruz do Sur

sobre os mastros vixías, espectantes,

e no Gran Norte, aquel que vai connosco,

amuraron un día as nosas dúbidas.

[Ilustracións das portada das edicións en galego

e castelán de Capitán Inverno]

Despedídevos deles, deses barcos

que teñen a grandeza

dos seres extinguidos, lentamente

despiden a canseira deste mar que eles deixan

ó coidado dos homes que medraron nos portos.

[Foto de Lola Fornos Ríos-Garabana]

Invocade o mariñeiro que levades moi dentro,

eternamente naufragado e triste;

[Lenzo de Abelardo Miguel]

a nostalxia das luces que derrama o mar

nos vosos rostros xoves. Despedide

estes barcos nocturnos como quen sabe acaso

que algo parte con eles.

[Foto de Carmen Rodríguez Pena]

Ramiro Fonte: "Teoría do adeus", en Pasa un segredo, Vigo, 1988, p. 56 e 57.

 

Añadir nuevo comentario