Usted está aquí

As Fragas do Eume desde o castelo de Andrade. Un poema de César Antonio Molina

JoseFS

Nun fragmento do seu poema "Torre de Andrade", publicado en Eume, César Antonio Molina describe as fermosas e lendarias Fragas do Eume desde o alto do castelo, situado na pena Leboreira de Nogueirosa e mandado facer polo primeiro señor da vila de Pontedeume Fernán Pérez de Andrade o Bo (Foto de Ángel Cendón).

A espesura da fraga é como un vélaro

de ouro bordado por lóstregos.

Onde está o pasadizo secreto para chegar ao río?

Castelo da fame, castelo da sede.

Se bebese cada día da túa auga,

mil anos viviría!

Ao luar

o desalento

convídame a descrer.

César Antonio Molina: "Torre de Andrade", en Eume, Vigo, 2007, p. 86.

Añadir nuevo comentario