Usted está aquí

A festa de San Miguel de Breamo do oito de maio

JoseFS

É ben coñecido que os celtas e outros pobos prerromanos adoitaban construír nos cumes das máis altas montañas −Breamo vén do celta Brigamo, que se compón da forma brig, que significa monte ou lugar elevado, e o sufixo superlativo amo, que equivale a supremo, monte supremo ou moi elevado, xa que logo− monumentos relixiosos porque alí se sentían máis preto dos deuses. 

Os restos etnográficos e toponímicos atopados nas Terras do Eume fanlle pensar ao conde de Quirós na moi alta probabilidade de que no cumio do Breamo houbese algún monumento deste tipo, substituído en 1187 polo actual templo románico.

Ademais, en moitos destes cumes foron erixidos santuarios coma o noso na honra de san Miguel para lembrar o súa milagrosa aparición no monte Gargano, no sur de Italia, o oito de maio do ano 490, de aí que se celebre unha das romarías nesa data; a festa do vinte e nove de setembro correspóndese coa festividade dos tres arcanxos, Miguel, Gabriel e Rafael, fixada pola Igrexa.

Añadir nuevo comentario