Usted está aquí

A Calzada da miña infancia na acuarela de Sandra Sarmiento

JoseFS

Mirade que marabillosa acuarela nos regala a nosa amiga Sandra Sarmiento daquela Calzada da nosa infancia, sen coches, onde os nenos xogabamos tranquilos e os máis maiores tomaban o sol cando saía. Trouxome a lembranza dos partidos de fútbol nos que as porterías eran dúas prendas de roupa, dos folións nas noites de San Xoán cando aínda non estaba empedrada, os penachos de indio feitos coas follas dos magnolios...

Graciñas, Sandra Sarmiento Viña, por transportarme por uns máxicos instantes á miña nenez feliz no noso Pontedeume. Empedrada está sen dúbida máis fermosa. Así e todo, a moitos nos gustaría recuperala para o lecer.

Añadir nuevo comentario