Usted está aquí
Artigo sobre Catedra XXII do profesor Garcia Iglesias
O profesor García Iglesias, pretixioso catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, publicou na páxina dúas do xornal El Correo Gallego de sete de xaneiro de 2016 un interesante e eloxioso artigo sobre o número XXII da Revista eumesa de estudios Cátedra. Quero agrececerlle desde aquí a súa xenerosidade e cariño mostrados pola nosa querida publicación, xa que é moi importante que persoas co seu currículo e rigor investigador se ocupen dunha revista cun marcado carácter local nun xornal galego ao que accede tanta xente.
Esta é a miña tradución á nosa lingua:
Cátedra, un ano máis
José Manuel García Iglesias. Catedrático de Arte
Pontedeume ten en Cátedra. Revista eumesa de estudios un eficaz medio ao servizo da investigación e a difusión da cultura e o patrimonio do territorio ao que serve e enaltece. Agora que comeza o 2016, a lectura do seu último número, o vinte e dous, permítenos ver como os seus valores de sempre permanecen. Na súas páxinas, sinaturas contrastadas como Bouza Faraldo, Fonte Sardiña, Castro Álvarez, López-Felpeto Gómez, López Calvo, Ramil González, Fidalgo Casares, Carneiro Brey, Río Vázquez, Blanco Agüeira, Brisset Martín e Yañez Rodríguez demóstrannos, en clave local, como o horizonte do coñecemento do propio se pode, e mesmo se debe, agrandar cada día. Na súa xenerosa, rigorosa e valiosa angueira, a cultura galega conta cunha fortaleza certa.
Aplaudimos, neste caso, tamén o labor da Deputación Provincial da Coruña, que imprime esta publicación que conta, ademais, cos seus contidos en acceso libre na súa propia páxina web. Sería desexable que as Deputacións galegas se ocupasen de que ningunha publicación periódica local que teña o debido valor deixase de existir por falta de medios. É esta asunción de responsabilidades a que xustifica a propia supervivencia de organismos destas caracteríticas.
Añadir nuevo comentario