Usted está aquí

A alma de Pontedeume nos gravados de Jose Ramon

JoseFS

O pintor José Ramón Iglesias Rivera plasmou a alma de Pontedeume nos gravados que realizara nos anos setenta do pasado século sobre algúns dos máis fermosos recunchos da nosa vila, que foron publicados polo Concello de Pontedeume en 1977 nun libro titulado Monumentos y lugares más representativos de la comarca eumesa, sendo alcalde Celestino Sardiña Fernández, reeditado logo en 1993, cando era alcalde da vila Belarmino Freire Bujía.

Os gravados ían acompañados por pequenos textos en galego e castelán de prestixiosos autores da nosa terra. A Vista parcial da vila, por Álvaro Cunqueiro.

O Torreón, por Ángel del Castillo e Florencio Vaamonde Lores.

A Rúa da Fontenova, por Ramón María Tenreiro.

A Igrexa parroquial de Pontedeume, por Manuel Murguía.

A Praza das Angustias, por A. Rodríguez y Rodríguez.

A Capela de San Miguel de Breamo, por Carlos Martínez-Barbeito.

O Castelo de Andrade, por Uxío Carré Aldao.

O Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, por Carlos García-Bayón.

O Mosteiro de Monfero, por Hipólito de Sá Bravo.

A Casa Consistorial, por Antonio Couceiro Freijomil e Antonio Vázquez Rey.

  

O texto de presentación, titulado Pontedeume, encrucillada de mar e terra, foi realizado por Manuel Fraga Iribarne.

Añadir nuevo comentario