Usted está aquí

Jose Fonte

Nacín na vila de Pontedeume o dezanove de marzo de 1964 nunha vella casa, que daquela tiña o número corenta e tres, da rúa de San Agustín, nome co que moitos a coñecemos, ou de Santo Agostiño, se nos atemos ao que debería ser a súa denominación oficial.

Son licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e traballo na capital de Galicia como tradutor e corrector de textos, aínda que tamén me dedico a investigar sobre temas relacionados con Pontedeume, a cultura galega e o mundo xacobeo.

No blog podedes ler as miñas crónicas sentimentais, que irei escribindo e publicando de vagariño e sen unha orde concreta e que recollen lendas, tradicións e curiosidades sobre a historia, o patrimonio natural, artístico e cultural de Pontedeume, realizadas por un fillo da vila, e outras inquedanzas que nacen en min doutros lares ou temas. Atoparédelas dun xeito máis ordenado no índice que aparece na marxe dereita e para ler completa cada crónica debedes premer no título que figura en negrita na cabeceira.